ATLAS VIRTUAL PARA A EDUCACIÓN LINGÜÍSTICA NA SUPERDIVERSIDADE

AVEL

Espazo interactivo produto dos resultados do proxecto de investigación Superdiversidade lingüística en áreas periurbanas. Análise escalar de procesos sociolingüísticos e desenvolvemento da conciencia metalingüística en aulas multilingües

 

Coordinación : Gabriela Prego & Luz Zas

Share-alike is a copyright licensing term, originally used by the Creative Commons project, to describe works or licences that require copies or adaptations of the work to be released under the same or similar licence as the original.

Unha ollada

Obxectivos

Gabriela Prego explica algúns dos obxectivos dos nosos proxectos

– Gabriela Prego

AVEL Atlas Virtual
para a Educación Lingüística

Poderás atopar contidos didácticos dixitais encamiñados a favorecer que a comunidade educativa recoñeza na diversidade lingüística un proceso do que forma
parte como protagonista.

Os contidos do AVEL son o resultado da investigación-acción realizada polo persoal
investigador do proxecto en colaboración co profesorado e o alumnado de centros educativos.

Os materiais e propostas de traballo facilitan, a través das TIC, a reflexión metalingüística sobre os procesos comunicativos e sociais do entorno multilingüe da nosa era, permiten que os mozos e mozas recoñezan na diversidade lingüística e reforcen, dende o ámbito educativo, a inclusión e cohesión social.

 

AVEL estrutúrase en diferentes seccións, podes comprobalo despregando as pestanas superiores. 

Convidámoste a participar

Mavel

MAVEL é unha aplicación para xeolocalizar a paisaxe lingüística. Coa túa participación contribúes a levar adiante unha investigación participativa e colaborativa. Todas as indicacións que poidas aportar serán benvidas.

BLAVEL

BLAVEL é unha aplicación para xeolocalizar as biografías lingüísticas dos cidadáns. Coa túa participación contribúes a levar adiante unha investigación participativa e colaborativa e a visibilizar a diversidade lingüística.

Forma de cita: Prego Vázquez, Gabriela & Zas Varela, Luz: AVEL: Atlas Virtual para la Educación Lingüística en la Superdiversidad. Dispoñíbel en: http://avel.cesga.es/.

Share-alike is a copyright licensing term, originally used by the Creative Commons project, to describe works or licences that require copies or adaptations of the work to be released under the same or similar licence as the original.