Ferramentas

TIC-TAC-TEP

TIC

TAC

TEP

As nosas

Ferramentas

para a investigación-acción participativa

TIC, tecnoloxías da información, son recursos facilitadores e transmisores da información como dispositivos móbiles, conexión a internet, programas, etcétera.

TAC, tecnoloxías de adquisición de coñecemento, constitúen ferramentas TIC, orientadas á realización de actividades para a aprendizaxe e para o desenvolvemento de contidos.

TEP, tecnoloxías do empoderamento e a participación, tecnoloxía(s) para construír coñecemento na interacción e partillar coa comunidade.

Mavel

MAVEL é unha aplicación para xeolocalizar a paisaxe lingüística. Coa túa participación contribúes a levar adiante unha investigación participativa e colaborativa. Todas as indicacións que poidas aportar serán benvidas.

BLAVEL

BLAVEL é unha aplicación para xeolocalizar as biografías lingüísticas dos cidadáns. Coa túa participación contribúes a levar adiante unha investigación participativa e colaborativa e a visibilizar a diversidade lingüística.